xoves, 24 de setembro de 2015

A miña música preferida é o Blues Rock. Este estilo musical é un  xénero que combina elementos do Blues e o Rock. Xurdiu nos anos 60 e foi popularizado por artistas como The Rolling Stones, Jimi Hendrix ou The Doors, os cales experimentaron a partir da música de intérpretes de Blues como Muddy Waters ou John Lee Hooker.

O meu grupo musical favorito é Led Zeppelin. Led Zeppelin foi un grupo de Blues, Rock e Hard Rock formado no ano 1967 polo guitarrista Jimmy Page, o baxista John Paul Jones, o cantante Robert Plant e o batería John Bonham. Este grupo logrou ser o máis exitoso dos anos 70, superando a artistas como Pink Floyd ou Queen. Entre os seus éxitos, destacamos a canción "Stairway To Heaven" do seu disco Led Zeppelin IV. Tamén destacamos temas como "Whole Lotta Love", "Kashmir", ou "Black Dog".