O meu grupo musical favorito é Led Zeppelin. Led Zeppelin foi un grupo de Blues, Rock e Hard Rock formado no ano 1967 polo guitarrista Jimmy Page, o baxista John Paul Jones, o cantante Robert Plant e o batería John Bonham. Este grupo logrou ser o máis exitoso dos anos 70, superando a artistas como Pink Floyd ou Queen. Entre os seus éxitos, destacamos a canción "Stairway To Heaven" do seu disco Led Zeppelin IV. Tamén destacamos temas como "Whole Lotta Love", "Kashmir", ou "Black Dog".
